Slideshow CK

This is a bridge
This bridge is very long
On the road again
This slideshow uses a JQuery script adapted from Pixedelic

Os ‘xenerais da Ulla’ serán os protagonistas no entroido de Bama o próximo domingo; e tamén o martes de entroido, día 28 de febreiro, na parroquia de Fao. O peche das celebraración será o día 5 de marzo, co desfile polas rúas de Fonte Díaz

Touro. 15 de febreiro de 2017. Esta mesma semana comenza o Entroido de Touro, unha das festas con máis tradición no Concello e na Comarca da Ulla. O próximo domingo, día 19 de febreiro, a parroquia de Bama celebra o seu domingo de ‘corredor’, unha das celebracións do entroido que ten como protagonistas aos ‘xenerais da Ulla’, que lembran a batalla entre o xeneral amotinado Solís e o xeneral que capitaneaba as forzas leais á raiña Isabel II. Ás 10.30 horas está prevista a saída da parranda e ás 12.30 horas do próximo domingo 19 de febreiro concentraránse os xenerais diante do café-bar A Xesteira para a súa saída. As actuacións continuarán a partir das 16.30 horas no Campo da Festa de Bama. Haberá enfrontamentos ‘verbais’ entre os xenerais sobre a situación política en España e no resto do mundo e tamén a ‘parranda’ contará ás súas coplas. Ao remate haberá concurso de disfraces e Sabrosito será o encargado de pechar. Sortearase un magnífico potro.

O martes de carnaval, día 28 de febreiro é o turno da parroquia de Fao. Alí celébrase o Entroido de Fao. Comenzará ás 16.00 horas no Campo da Festa coa Rumba da Susita. Contará a continuación co  discurso do ‘correo’ e dos ‘xenerais da Ulla’. Estos dous protagonistas abordarán en coplas a viva voz temas de actualidade política e do momento. Os ‘xenerais’ replicaránse e contrarreplicaránse ante os veciños e forasteiros que acudan ata o campo da festa de Fao. Tamén participará a ‘vellada coa súa troulada’. E non faltarán os ‘consellos dos frades’, que predicarán en verso as anécdotas acontecidas na parroquia de Fao. Tamén está previsto o tradicional enterro do entroido de Fao.

O domingo día 5 de marzo chegará o peche do entroido en Fonte Díaz. A capital do Concello de Touro, será o escenario principal do entroido na comarca do Ulla. E os ‘xenerais da Ulla’ das parroquias de Bama e Fao serán os encargados de darlle colorido e emoción á ‘Feira do día 5’, tamén denominada ‘Feira do Entroido’. Os xinetes, cos seus cabalos e os seus uniformes napoleónicos, participarán nunha xuntanza ás 12.00 horas diante da sede do Concello de Touro. Lucirán as súas mellores galas e percorrerán as rúas da capital de Touro. Os visitantes e veciños poderán degustar produtos típicos do entroido nos locais de hostelería de Fonte Díaz.

 TOURO PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2017

-Domingo 19 de febreriro. BAMA. 16.30 horas. Entroido de Bama. Campo da Festa.

-Martes 28 de febreiro. FAO. 16.00 horas. Martes de Entroido. Entroido de Fao. Campo da Festa.

-Venres 5 de marzo. FONTE DÍAZ. 12.00 horas. Fonte Díaz. Feira do Entroido. Desfile dos ‘Xenerais da Ulla’ e dos diferentes personaxes do Entroido.

 

 Podedes atopar información na seguinte web:

 

www.xeneraisdaulla.com

www.concellodetouro.com