Sesenta nenos e nenas de Touro xa disfrutan do ‘Xullo Lúdico'

Touro, 06 de xullo de 2016. Sesenta nenos e nenas do Concello de Touro en idades que van dende os 6 e ata os trece anos participan nas actividades incluidas no programa 'Xullo Lúdico', organizado polo Concello como unha alternativa de lecer e tiempo libre no verán. A actividade de verán comenzou o pasado venres e rematará a mediados do mes de agosto. Os nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos, disfrutan de lunes a venres, e nun horario que lles ocupa toda a mañán, de diferentes actividades no pavillón municipal, ao aire libre, na piscina, na biblioteca e noutros lugares do Concello de Touro. Esta actividade, que conta con moita aceptación entre os máis pequenos, tamén trata de conciliar a vida familiar coa vida laboral dos pais e nais que viven e traballan no Concello de Touro.