Nenos e nenas de Touro participan nun curso de pintura mural a cargo da ilustradora Ana Santiso

 

Fonte Díaz. 15/06/2016. Un grupo de nenos e nenas maiores de nove anos de Touro participou dende o pasado mércores e ata hoxe nun curso de pintura mural organizado polo Concello. A actividade estivo a cargo da muralista e ilustradora Ana Santiso. O curso, eminentemente práctico, desenvolveuse durante estos tres días en horario de 9.00 a 12.00. Os nenos e nenas participantes, con axuda, de Ana Santiso, conseguiron dibuxar e pintar diversas temáticas nos muros exteriores do Colexio de Touro. Os participantes aproveitaron as ensinanzas da muralista galega e destacaron a súa profesionalidade, creatividade e inxenio.