Os donos de terreos na concentración parcelaria de Touro-Quión inician os trámites para recoller os títulos de propiedade

Fonte Díaz. 08/05/2017. Os propietarios interesados na concentración parcelaria de Touro-Quión poden xa iniciar os trámites para recoller os seus títulos de propiedade. A partir de mañán (9 de maio) e ata do xoves (11 de maio) entre as 10.00 e as 13.00 horas na Casa de Cultura de Touro poderán cubrir os recibos que os propietarios terán que entregar o día que próximamente se sinale  para así poder retirar os correspondentes títulos de propiedade, según informa o Servizo de Infraestructuras Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural. Os interesados deberán presentar o DNI e, se lles é posible, o número de propietario ou algún documento da concentración onde conste o dato. Se a persona que retire o recibo non é propietario das fincas, deberá entregar unha autorización asinada polo titular ou un xustificante de que o presenta.