Recordatorio sobre a Vespa Velutina

DEFENDE AS NOSAS ABELLAS

 

Recordamos a tódolos veciños e veciñas a importancia da aparición da Vespa Velutina.

É un problema que nos afecta a todos, e como tal, debemos tomar conciencia do mesmo para atallalo o antes posible.

Se atopades algún niño da Vespa velutina, por moi pequeno que sexa, poñédevos en contacto co servizo de recollida de avisos dos cidadáns:

  • 012 - Teléfono de Atención e Información á Cidadanía.
  • 112 - Teléfono do Centro de Atención de Emerxencias de Galicia.

 

Para que serva de axuda, mostramos unha das maneiras de facer trampas caseiras para a Vespa Velutina:

 

 

 Tamén o podedes descargar en:

http://mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/apicultura/2017_Construcion_trampas_artesanais_captura_vespa_velutina.pdf

 

Igualmente, existe un protocolo para a captura da raíña que podedes descargar na seguinte ligazón:

http://mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/apicultura/2017_protocolo_captura_rainas_vespa_velutina.pdf