Slideshow CK

This is a bridge
This bridge is very long
On the road again
This slideshow uses a JQuery script adapted from Pixedelic

Eloína Núñez, que recentemente tomou posesión como máxima responsable da área sanitaria, visita a infraestructura de atención médica de Touro, da que o Sergas xa xestiona os custos de mantemento tras ser cedidos polo Concello.

Fonte Díaz. 15/05/2017. A nova xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela, Eloína Núñez Masip, visitou hoxe o Concello de Touro. Achegouse ata a sede do Concello, onde a recibiu o alcalde, Ignacio Codesido. Posteriormente visitaron o Centro de Saúde de Touro, onde coñeceu sobre o terreo e por boca do persoal que alí traballa as necesidades do Centro de Saúde de Touro. A Consellería de Sanidade (Servizo Galego de Saúde Sergas) e o Concello de Touro firmaron no mes de marzo un convenio de asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Touro.  Ata ese momento era o propio Concello o que corría cos estes gastos. Agora xa e o Sergas o que asume eses custos. O Concello de Touro tamén posibilitou a cesión patrimonial do devandito centro.

A visita de hoxe a Touro de Eloína Núñez Masip foi para coñecer sobre o terreo as necesidades dun Centro de Saúde que atende a unha poboación de algo máis de 3.000 persoas, das que 1.049 son maiores de 65 anos e 203 son menores de quince anos. A nova xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela explicou que, tras tomar posesión do seu cargo a finais de febreiro, quere coñecer personalmente as necesidades dos centros de saúde que dependen da área compostelana. “O mantemento do Centro de Saúde de Touro, que dependía do Concello, pasou agora a depender do Sergas e aproveitamos para visítalo e para establecer contacto co seu personal e coñecer de primeira man cales son as súas necesidades”.

 

O Centro de Saúde de Touro conta con dous médicos, un pediatra, unha matrona, dúas enfermeiras e unha persoa que atende os temas de administración. A xerente, que estivo acompañada de parte do seu equipo, falou co personal do centro e tomou nota das inquedanzas que lle trasladaron. Descartou que este traspaso de gastos de mantemento, entre os que por exemplo está a luz, vaia a ter consecuencias sobre os pacientes. “A atención será como ata o de agora e intentaremos mellorar incorporando novos servizos para os veciños e veciñas de Touro”, explicou a xerente. O alcalde de Touro e varios membros da Corporación Municipal acompañaron á xerente na súa visita á infraestructura de atención médica.