Slideshow CK

This is a bridge
This bridge is very long
On the road again
This slideshow uses a JQuery script adapted from Pixedelic

“GOZA DO ULLA 2017” COMENZA A SÚA ANDAINA DE ANTAS DE ULLA A VILAGARCÍA DE AROUSA .

 

Os 20 concellos bañados polo río Ulla  presentan en Palas de Rei o programa “ Goza do Ulla”   Este programa que cumple a séptima  edición e que comenzará o 20 de maio  en Antas de Ulla, ten como fin prioritario a existencia unha gran ruta fluvial de sendeirismo que percorra o cauce dende o nacemento ata a desembocadura.

O Ulla o segundo río en relevancia de Galicia e que rega terras das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra segue o seu camiñao para conquerir o obxectivo de  crear unha gran ruta ou camiño fluvial de gran percorrido que descorra polo cauce dende o seu nacemento en Antas de Ulla  ata a desembocadura en Vilagarcía de Arousa.

 O proxecto, que aproveitaría as rutas xa existentes nas dúas beiras e tamén proxectaría novos trazados, seguen dando os pasos necesarios para tal fin.

Os asistentes fixeron una aposta decidida por consolidar este proxecto que pretende poñer en valor, promocionar e proxectar o rico e valioso patrimonio cultural e natural dos territorios que percorre o río Ulla e que, sen dúbida, será un importante recurso de desenvolvemento económico

O programa ‘Goza do Ulla’ empeza, como xa dixemos, o seu camino o día 20 de maio en Antas de Ulla e continúa o día 21 en Monterroso. Como novidade decir que este ano 2017 o percorrido terá unha continuidade temporal, de forma que o que se decida a facer os 19 roteiros propostos no programa que se expon , vai a ter unha visión e coñecemento do curso de este gran río.

 

Attachments:
Download this file (Follero-Goza_do_ulla.pdf)Folleto[ ]773 kB
Download this file (rutas.pdf)Rutas[ ]2849 kB