Slideshow CK

This is a bridge
This bridge is very long
On the road again
This slideshow uses a JQuery script adapted from Pixedelic

Son escasos os restos de épocas pasadas atopados por estas terras, o que impide determinar con exactitude a existencia e antigüidade do seu poboamento. Aínda así, suponse que é bastante antigo, polas pegadas dos distintos poboamentos, como castrexos ou romanos, que aínda quedan, tanto no terreo como na toponimia. Tampouco a documentación gardada é moi abundante, aínda que si suficiente para determinar a evolución histórica do concello.


A historia do concello ademais, está moi relacionada cá tradición Xacobea, e ca lenda do traslado dos restos do Apóstolo a Santiago. Segundo a lenda, o apóstolo foi traslado á súa tumba gracias a uns bois bravos que milagrosamente amansaron, e que unha vez realizada a translación,  escaparon. Un deles foi visto polas terras que actualmente constitúen o concello, denominándose esa zona como Touro. Nos relatos que aínda existen, onde se conta a historia do traslado dos restos, destaca o Códice Calixtino, que data do Século XII, e o seu libro terceiro, que se refire a translación dos restos do Apóstolo de Xerusalén a Santiago, e onde xa aparecen mencionadas as terras que actualmente constitúen o concello.


Os datos máis recentes expresan que no Antigo Réxime, o que agora se chama 'concello de Touro, tiña as súas parroquias en cinco xurisdiccións: Xiro da Rocha, Bendaña, Cira, Budiño e Bendaña do Marqués, todas da provincia de Santiago. Durante a etapa dos primeiros concellos constitucionais, o concello de Touro tiña dous axuntamentos constitucionais: Touro e San Miguel de Vilar, pertencentes os dous ó partido xudicial de Sar, o primeiro con 10 parroquias e o segundo con 6. Ámbolos dous figuran nos repartimentos que entón fai a Deputación Única de Galicia. Ó rematar o proxecto da nova distribución de concellos, debido á reforma da distribución administrativa do país pola raíña Isabel II segundo o Real Decreto de 23 de Xullo de 1.835,  Touro deixa de pertencer ó partido do Sar, que desaparece, e pasa ó novo de Arzúa


A constitución de Touro como concello débese á nova división administrativa aprobada por Isabel II no ano 1835, e na súa honra o concello mantén o seu símbolo no seu escudo. O concello foi autorizado a usar o escudo heráldico municipal polo Consello de Ministros o 12 de Agosto de 1982, onde se reproduce o que o concello xa tiña no Século XIX. Aparecen así as letras " Y II"  ( Isabel II), cá coroa enriba, timbrado cá coroa Real.

 

 

Recursos históricos:

 

CAMIÑO REAL:

 O Camiño Real era o gran camiño que viña dende Aquitania, por Burdeos e que se dirixía cara ó oeste, hasta Astúrica ou Astorga. Constituía unha calzada de usos múltiples, que vertebraba a rexión económica, social e politicamente, e é a mesma que, ó cabo dos séculos, se seguirá usando, ou polo menos o que queda dela, polos peregrinos de Santiago.

Así, en case tódalas parroquias do concello se coñecen ou se chegan a adiviñar, trazados deste camiño real, que a súa vez se desglosaba en moitos ramais que se extendían pola xeografía do concello. En moitos outros casos, chégase a saber que existía ese camiño real, ou alomenos, a posible existencia del, aínda que non se ten constancia do seu trazado.

 

 

 CASTROS:

 

Os castros son antigas edificacións da época celta, dos cales, a súa cultura abarcou unha extensión aproximada de mil anos, facéndose moi presente sobre todo no Noroeste Peninsular.

 

 

Os castros eran campamentos ou fortificacións situadas nun promontorio ou elevación do terreo. Estaban formados por vivendas agrupadas formando unha cidade, có seu correspondente sistema defensivo e servicios de tipo comunitario.

 

No concello aínda queda nalgunhas pegadas da súa existencia na actualidade, tanto de forma visible, en pequenos restos de pedras, como na toponimia, o que fai supoñer que en realidade existiron moitos máis, pero o paso do tempo e a transformación do terreo, fixo que desapareceran.



CASTELOS: 


A toponimia, xeralmente, soe estar relacionada cas actividades, edificacións ou formas de vida que se levan a cabo nun lugar. Deste xeito, e como se veu xa no apartado anterior, existen zonas que, aínda que actualmente non presenten ningún tipo de resto que confirme á existencia destas edificacións, a súa aparición na toponimia pode ser a última pegada da súa existencia.


DESCRICIÓNS DAS PEGADAS EXISTENTES NO CONCELLO:

Así, no concello aparecen os seguintes topónimos:

 

ANDEADE: unha das aldeas desta parroquia é Castelo, que aínda que non está confirmado, podería ser o último vestixio de que nesa zona se emprazaba unha antiga edificación deste tipo.
LOXO: nesta parroquia existen dúas aldeas, opostas en canto a situación xeográfica se refire, que se chaman Os Torreis, o que poderían ser restos de antigas edificacións nesa zona.