Slideshow CK

This is a bridge
This bridge is very long
On the road again
This slideshow uses a JQuery script adapted from Pixedelic

O estudio do medio económico centrase, fundamentalmente, no estudio dos sectores de actividade.

Nunha primeira observación das actividades realizadas no concello, pódese percibir o carácter agropecuario do mesmo, aínda que se incremente a busca de novas actividades para aumentar a diversificación do sistema productivo, partindo, sobe todo, da especialización do sector primario e, como se estudiará despois, no subsector gandeiro.

Se se fai unha evolución dos sistemas económicos vese como a partir dos anos setenta se produce no concello unha orientación da agricultura e a gandería cara a producción láctea. Inícianse así, cambios na estructura e orientación das explotacións.

O sector primario evolucionou negativamente, xa que pasou de supoñer o 72% no ano 1981, ó 47% no 1991 e no ano 2001 o 34%, o que denota unha brusca caída.

 

O sector secundario incrementouse notablemente ata case duplicarse entre 1981 e 1991, do 15% ó 28%, onde a construcción foi o subsector que máis se incrementou, fronte á industria que non medrou tanto e incluso diminuíu en certos casos. No ano 2001 o sector secundario supoñía o 35% da economía municipal.

Finalmente o sector terciario tamén mostra un incremento, do 13% no ano 1981,ó 25% no ano 1991 e ó 31% no ano 2001. O concello presenta diversos centros locais e parte do emprego nos servicios públicos non é local, porque se materializa principalmente na cidade de Santiago de Compostela.

Con esta primeira aproximación, perfílase un concello que, con base agraria, evolucionou cara outra, na que os sectores secundario e terciario teñen maior peso.