Slideshow CK

This is a bridge
This bridge is very long
On the road again
This slideshow uses a JQuery script adapted from Pixedelic

Para facer un estudio completo da climatoloxía do concello de Touro, tómanse datos da estación meteorolóxica situada no aeroporto de Labacolla (Altitude(m):364  Latitude: 42 53 58 Lonxitude: 8 25 37), que é a máis cercana ó concello e con características xeográficas parecidas. Os datos pertencen a un período longo, que vai dende 1977 ó 2004, para que o estudio sexa máis completo e fiable.

 

O clima do concello está claramente definido pola influencia oceánica, onde as temperaturas destacan pola súa suavidade, cunha temperatura media anual de 12,6ºC, unha temperatura media mínima cun valor de 7,9ºC e unha temperatura media máxima de 17,2ºC.

 

 En canto ó réxime pluviométrico, o concello caracterízase por abundantes precipitacións (precipitación media anual= 1.886 milímetros.), repartidas sobre todo nos meses do outono, inverno e principios da primavera. O mes máis chuvioso foi Decembro con 281 milímetros de media, mentres que o máis seco foi Xullo con 39 milímetros de media.

 

Esta precipitación repártese ó longo do ano en 141 días de media con precipitación apreciable superior ou igual a 1 milímetros. Tamén é debido mencionar os días de neve, que non é máis que precipitación sólida, e que no concello son escasos aínda que dependen do ano. Neste caso, os días de neve repártense en 3 de media ó longo do ano.

 

 Outros aspectos importantes dende o punto de vista climático son os que se refiren ós días de xeada, tormenta e néboa. En canto ós días de xeada, estes repártense nun total de 15 días de media ó ano, tendo máis incidencia nos meses de Decembro, Xaneiro e Febreiro. No que se refire ós días de tormenta, teñen unha media de 13 días ó ano repartidos con bastante homoxeneidade ó longo do mesmo, aínda que con un pouco máis de incidencia nos meses de Abril e Maio. Os días de néboa son bastante abondosos no concello, cunha media de 85 días ó ano que se reparten homoxeneamente durante todo o ano debido as néboas que se producen nos cursos fluviais que atravesan o concello.

 

 Tamén é importante e é debido ter en conta os días despexados que se dan no concello, así como as horas de sol das que podemos desfrutar. En canto ós días despexados, no concello desfrútase de 54 días despexados ó ano, repartidos maiormente nos meses estivais de Xullo e Agosto.

 

 No que se refire ás horas de sol, no concello desfrútase de 1998 horas de sol anuais, cunha maior incidencia nos meses estivais de Xuño, Xullo e Agosto, onde se superan as 200 horas de sol ó mes.