Slideshow CK

This is a bridge
This bridge is very long
On the road again
This slideshow uses a JQuery script adapted from Pixedelic




A situación xeográfica  do concello de Touro é de 42º51'5, Norte de Latitude, 8º18'5, Oeste de Lonxitude, e 316 metros sobre o nivel do mar. Touro limita ó Norte co concello de O Pino; ó Leste con Arzúa; ó Oeste con Boqueixón e ó Sur co concello de Vila de Cruces, xa na provincia de Pontevedra e con río Ulla facendo de fronteira tanto natural como administrativa.


O municipio ten unha superficie de 115,11 km2 e unha poboación de 3.703 habitantes segundo datos do 2004. A súa densidade de poboación, polo tanto de 40,19 hab/km2(habitantes/kilómetro2).



Ó municipio pódese acceder a través da principal vía de comunicación que é a estrada AC-240, que cruza o concello de Nordeste a Sudoeste (de Arzúa a Ponte Ulla). A estrada máis importante e cércana ó concello é a C-547 que vai dende Santiago a Lugo.