Slideshow CK

This is a bridge
This bridge is very long
On the road again
This slideshow uses a JQuery script adapted from Pixedelic

 

 

IV.- PROPOSTA SOBRE CREACIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL.

 

Dáse lectura á proposta do señor Alcalde de creación da Xunta de Goberno Local.

Pola señora concelleira Dª Gemma Verónica López de Fuentes maniféstase a súa intención de absterse aínda que entende que debe existir, pero que entende que se debe outorgar máis protagonismo ao Pleno, con menos reunións da Xunta de Goberno.

De conformidade co establecido no artigo 20.1.b) da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, e no artigo 59 da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, o Pleno, por oito votos a favor (PP) e tres abstencións (BNG e PS de G-PSOE), acorda:

Primeiro.- A creación da Xunta de Goberno Local como órgano integrante da organización municipal e con tódalas competencias que lle son inherentes e que, no seu caso, lle sexan delegadas conforme á lexislación vixente.

Segundo.- A Xunta de Goberno Local estará integrada polo Alcalde e tres concelleiros nomeados polo mesmo, de acordo co establecido no artigo 23.1 da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local.

Terceiro.- A Xunta de Goberno Local celebrará sesións ordinarias dúas veces ao mes, cun intervalo mínimo de quince días, no horario que determine o Alcalde. Así mesmo celebrará as sesións extraordinarias que sexan convocadas polo señor Alcalde de conformidade co establecido na lexislación vixente.

Cuarto.- Publicar no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa inmediata entrada en vigor desde a data en que se aprobe polo Pleno da Corporación.

 

 

 

V.- POSTA EN COÑECEMENTO, NO SEU CASO, DA RESOLUCIÓN DO ALCALDE SOBRE NOMEAMENTO DE MEMBROS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL E DELEGADOS DA ALCALDÍA.

 

Dáse conta da resolución da Alcalde sobre nomeamento de membros da Xunta de Goberno Local e Delegados da Alcaldía, que textualmente di:

“De conformidade co establecido na Lei 7/1985 e de ser aprobada a creación da Xunta de Goberno Local polo Pleno do Concello, RESOLVO:

Primeiro.- Designar membros da Xunta de Goberno Local ós concelleiros seguintes:

  • D. Jesús Martínez Pereira.

  • D. Alfredo Souto Castelo.

  • Dª Adela Isabel Iglesias Tojo.

Segundo.- En aplicación do establecido no artigo 46 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, designar tenentes de Alcalde ós seguintes membros da Xunta de Goberno Local:

  • Primeiro Tenente de Alcalde: D. Jesús Martínez Pereira.

  • Segundo Tenente de Alcalde: D. Alfredo Souto Castelo.

  • Terceiro Tenente de Alcalde: Dª Adela Isabel Iglesias Tojo.

Terceiro.- Delegar na Xunta de Goberno Local as seguintes atribucións, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, modificada pola Lei 11/1999, de 21 de abril:

a) A aprobación da oferta de emprego público, de acordo co presuposto e o cadro de persoal aprobados polo Pleno, a aprobación das bases das probas para a selección de persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo, competencia incluída dentro de artigo 21.1,g).

b) Delegar, así mesmo, as competencias establecidas nos apartados j), o) e q) do mencionado artigo 21.1.

c) Delegar, ademais, o desenvolvemento da xestión económica de acordo co presuposto aprobado e a disposición de gastos dentro dos límites da súa competencia, coa excepción da aprobación daqueles gastos que correspondan por razón da contía á Xunta de Contratación e Compras e de aqueles outros que polas necesidades da xestión municipal no poida demorarase a súa aprobación, execución ou contratación, por razón do funcionamento operativo dos servicios.

Cuarto.- Designar delegados da Alcaldía aos seguintes concelleiros nas materias que se relacionan a continuación:

  • Delegado de cultura: D. Jesús Martínez Pereira.

  • Delegado de servicios sociais, igualdade de xénero e familia: D. Manuel Puga García.

  • Delegada de deportes: Dª Adela Isabel Iglesias Tojo.

  • Delegado de agricultura e medio ambiente: D. Alfredo Souto Castelo.

  • Delegado de facenda e contas: D. Raúl Maximino Míguez López.

  • Delegada de promoción de emprego e turismo: Dª María Josefa Codesido Barreiro.

  • Delegada de educación: Dª María Victoria Pazos Pérez.

Mandouno e firma o señor Alcalde, D. Ignacio Codesido Barreiro, en Touro, a primeiro de xullo de dous mil quince.”

 

VI.- PROPOSTA SOBRE A CREACIÓN DA XUNTA DE CONTRATACIÓN E COMPRAS.

 

Dáse lectura á proposta de creación dunha Xunta de Contratación e Compras, de conformidade co establecido na Disposición adicional segunda, apartado 4, do Real Decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

Polo portavoz do BNG D. Xoán Antón Louzao Rodríguez manifjéstase que o seu voto será contrario á creación da mencionada Xunta por entender que non ten ningún sentido, sendo innecesaria, moi custosa e duplica as funcións que están atribuídas á Xunta de Goberno.

Así mesmo, manifesta que o seu grupo entende como correcta a creación da Xunta de Goberno Local porque ten unhas funcións determinadas e necesarias, pero que non ten ningunha lóxica unha Xunta de Contratación que supón unha duplicidade e un custo innecesarios, podendo adiviñarse que os seus compoñentes serán os concelleiros que non están na Xunta de Goberno. A concelleira Dª Gemma Verónica López, en representación do PS de G-PSOE, manifesta igualmente que está na mesma posición que o BNG, posto que xa se creou a Xunta de Goberno que ten competencias para poder tomar as decisións que se prevén atribuír á Xunta de Contratación.

O señor Alcalde, en nome do grupo municipal do PP, manifesta que cre necesaria a Xunta de Contratación para o bo funcionamento do Concello, sendo un punto de vista diferente ao expresado pola oposición.

De conformidade co establecido na Disposición adicional segunda, apartado 4, do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido la Lei de contratos do sector público; o Pleno, por oito votos a favor (PP), dous votos en contra (BNG) e unha abstención (PS de G-PSOE), ACORDA A CREACIÓN DA Xunta de contratación e compras que, de conformidade coa mencionada disposición, terá a seguinte composición e competencias:

Primeiro.- A Xunta de Contratación e de Compras terá por obxecto a aprobación, actuando como órgano de contratación nos contratos de obras que teñan por obxecto traballos de reparación simple, de conservación e de mantemento; nos contratos de subministros, os que se refiran a bens consumibles ou de fácil deterioro polo uso, e nos contratos de servizos; ata un límite máximo 2.000 euros por cada obra, servicio ou subministro que se aprobe. A Xunta de Contratación e Compras aprobará as facturas, propostas de gasto, etc., autorizando, comprometendo e obrigando o gasto correspondente, dando conta á Xunta de Goberno Local dos acordos adoptados.

Segundo.- A Xunta de Contratación e de Compras estará formada polo Alcalde, que a presidirá, e catro concelleiros nomeados polo mesmo de entre aqueles que ostenten delegacións de carácter específico, actuando como fedatario e nas funcións de intervención o Secretario-Interventor do Concello.

Terceiro.- A Xunta de Contratación e de Compras celebrará sesións ordinarias dúas veces por mes, cun intervalo mínimo de quince días, e as extraordinarias que sexan convocadas polo Alcalde de conformidade coas regras establecidas con carácter xeral para os órganos colexiados da Corporación.

Cuarto.- Publíquese no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa inmediata entrada en vigor desde a data en que se aprobe polo Pleno da Corporación.

 

 

VII.- POSTA EN COÑECEMENTO, NO SEU CASO, DA RESOLUCIÓN DO ALCALDE SOBRE NOMEAMENTO DE MEMBROS DA XUNTA DE CONTRATACIÓN.

 

Dáse conta da resolución do Alcalde sobre nomeamento de membros da Xunta de Contratación e Compras, que textulamente di:

“De conformidade co establecido na Disposición adicional segunda, apartado 4, do Real Decreto Lexislativo 3/2011, e para o caso de que sexa aprobada polo Pleno, por esta Alcaldía acordase:

Primeiro.- Designar ós seguintes membros da Corporación, delegados da Alcaldía, para a formación da mesma:

 

 

  • D. Manuel Puga García, Delegado de Servizos sociais, igualdade de xénero e familia.

  • D. Raúl Maximino Míguez López, Delegado de facenda e contas.

  • Dª María Josefa Codesido Barreiro, Delegada de promoción de emprego e turismo.

  • Dª María Victoria Pazos Pérez, Delegada de educación.

Segundo.- Publíquese no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa inmediata entrada en vigor desde a data do nomeamento.

Mandouno e firma o señor Alcalde, D. Ignacio Codesido Barreiro, en Touro, a primeiro de xullo de dous mil quince.”

O Pleno dáse por informado.

 

 

VIII.- PROPOSTA DE CREACIÓN DE COMISIÓNS INFORMATIVAS E A SÚA COMPOSICIÓN.

 

Dáse conta, en aplicación do establecido no artigo 123 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico,da proposta do Alcalde de creación das seguintes comisións informativas, propoñendo, así mesmo, para cada unha delas aos seguintes concelleiros como presidentes:

- Comisión de obras, servizos e urbanismo: Ignacio Codesido Barreiro.

- Comisión de Cultura: Jesús Martínez Pereira.

- Comisión de servizos sociais, igualdade de xénero e familia: Manuel Puga García.

- Comisión de Agricultura e Medio Ambiente: Alfredo Souto Castelo.

- Comisión de Facenda Especial de Contas: Raúl Maximino Míguez López .

- Comisión de Deportes: Adela Isabel Iglesias Tojo.

- Comisión de Educación: María Victoria Pazos Pérez.

- Comisión de Promoción do Emprego e Turismo: María Josefa Codesido Barreiro.

Así mesmo, proponse que a composición de cada unha das comisións informativas sexa a seguinte: 4 membros do grupo municipal do Partido Popular, 2 membros do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, e 1 membro do grupo municipal do Partido dos Socialistas de Galicia – PSOE.

O Pleno, por unanimidade, acorda a creación das comisións informativas seguintes, adscribindo a cada unha os concelleiros que tamén se relacionan:

Comisión de obras, servicios e urbanismo:

Presidente Ignacio Codesido Barreiro (PP).
Vocais.....: Jesús Martínez Pereira (PP).
  Alfredo Souto Castelo (PP).
  Manuel Puga García (PP).
  Xoán Antón Louzao Rodríguez (BNG).
  Sandra Beis Silva (BNG).
  Gemma Verónica López de Fuentes (PS de G-PSOE).

 

 

Comisión de cultura:

Presidente: Jesús Martínez Pereira (PP).
Vocais.....: Adela Isabel Iglesias Tojo (PP).
  María Josefa Codesido Barreiro (PP).
  Manuel Puga García (PP).
  Xoán Antón Louzao Rodríguez (BNG).
  Sandra Beis Silva (BNG).
  Gemma Verónica López de Fuentes (PS de G-PSOE).

 

 

Comisión de servizos sociais, igualdade de xénero e familia:

Presidente: Manuel Puga García (PP).
Vocais.....: Jesús Martínez Pereira (PP).
  Adela Isabel Iglesias Tojo (PP).
  Raúl Maximino Míguez López (PP).
  Xoán Antón Louzao Rodríguez (BNG).
  Sandra Beis Silva (BNG).
  Gemma Verónica López de Fuentes (PS de G-PSOE).

 

 

Comisión de agricultura e medio ambiente:

Presidente: Alfredo Souto Castelo (PP).
Vocais.....: Raúl Maximino Míguez López (PP):
  María Josefa Codesido Barreiro (PP).
  María Victoria Pazos Pérez (PP).
  Xoán Antón Louzao Rodríguez (BNG).
  Sandra Beis Silva (BNG).
  Gemma Verónica López de Fuentes (PS de G-PSOE).

 

 

Comisión de Facenda e Especial de Contas:

Presidente: Raúl Maximino Míguez López (PP)
Vocais.....: Jesús Martínez Pereira (PP)
  Alfredo Souto Castelo (PP)
  Adela Isabel Iglesias Tojo (PP)
  Xoán Antón Louzao Rodríguez (BNG).
  Sandra Beis Silva (BNG).
  Gemma Verónica López de Fuentes (PS de G-PSOE).

 

 

Comisión de Deportes:

Presidenta: Adela Isabel Iglesias Tojo (PP).
Vocais....:  Manuel Puga García (PP).
  María Victoria Pazos Pérez (PP).
  María Josefa Codesido Barreiro (PP).
  Xoán Antón Louzao Rodríguez (BNG).
  Sandra Beis Silva (BNG).
  Gemma Verónica López de Fuentes (PS de G-PSOE).

 

Comisión de Educación:

Presidenta: María Victoria Pazos Pérez (PP).
Vocais: Raúl Maximino Míguez López (PP).
  Alfredo Souto Castelo (PP):
  Manuel Puga García (PP).
  Xoán Antón Louzao Rodríguez (BNG).
  Sandra Beis Silva (BNG).
  Gemma Verónica López de Fuentes (PS de G-PSOE).

 

 

Comisión de Promoción do Emprego e Turismo:

Presidenta: María Josefa Codesido Barreiro (PP).
Vocais....: María Victoria Pazos Pérez (PP).
  Jesús Martínez Pereira (PP).
  Adela Isabel Iglesias Tojo (PP).
  Xoán Antón Louzao Rodríguez (BNG).
  Sandra Beis Silva (BNG).
  Gemma Verónica López de Fuentes (PS de G-PSOE).

 

Os membros de cada grupo municipal poderán substituírse indistintamente nos supostos de ausencia, vacante ou enfermidade.