A Banda Xuvenil e a Banda de Música Isabel ll de Touro, protagonistas do Concerto de Nadal (2)

Fonte Díaz. 25 de decembro de 2016. A Banda Xuvenil e a Banda de Música Isabel II de Touro foron as protaonistas o 24 de decembro do Concerto de Nadal no Concello de Touro. Os veciños e forasteiros poideron disfrutar dun concerto que tivo lugar na Casa da Cultura de Touro e que serviu para o estreno da Banda Xuvenil do Concello de Touro, integrada polos membros máis novos e que proceden da Escola da Banda de Música Isabel II. As dúas bandas interpretaron un repertorio con temas propios do Nadal. O auditorio da Casa da Cultura estaba o sábado á tarde cheo de xente que admirou a música das dúas bandas. As dúas formacións musicais aproveitaron a ocasión para mostrar o traballo feito ao longo de todo o ano e para desexarlle aos veciños e veciñas de Touro un feliz nadal e un próspero 2017. O Concello de Touro, que apoia a iniciativa da Banda e da súa Escola de Música, mostra especial interés por impulsar a formación entre os máis xóvenes do municipio e motivarlles para o estudio da música.