Ruta de sendeirismo de Novefontes

    • LOCALIZACIÓN E ACCESIBILIDADE:

 

Dita ruta vai transcorrer a través da parroquia de Novefontes, aínda que o traxecto comeza na parroquia de Calvos. O Ulla segue a ser un dos recursos máis explotados e visitados tamén nesta ruta.

A accesibilidade vai ser boa en case todo o traxecto, aínda que se poden atopar zonas menos accesibles debido á maleza.

 

  •  
    • DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS:

 

Esta ruta desenvólvese a través da parroquia ante mencionada, nun percorrido duns 7 kilómetros, onde podemos destacar varias etapas con paradas importantes:

 

  •  
    •  
      • Ribeira do Ulla.

      • Muíño no río Lañas.

      • Casa Lañeiro.

      • Aldea de Sestelo.

      • Igrexa de Novefontes.

      • Croa de Novefontes.

      • Ponte Basebe: onde destaca a carballeira de Basebe e a beleza e visión do río Ulla neste paraxe natural.

 

 

  •  
    • GRAO DE EXPLOTACIÓN E PROMOCIÓN

 

Este é un recurso turístico que presenta pouco grao de explotación, a pesares de que, cando se propuxo como ruta tivo bastante acollida. Pero, actualmente, a creación de novas rutas máis complexas, fixo que esta quedara practicamente en desuso. De feito, parte do trazado desta ruta conforma agora outra de maior interés.

A promoción desta ruta correu a cargo do concello na súa publicación anual “Revista Anuario 1997”.

 

  •  
    • POSIBILIDADE DE EXPLOTACIÓN E ATRACCIÓN TURÍSTICA

 

A atracción turística deste recurso pode ser moi elevada, pero debe ir de man da promoción e acondicionamento da ruta, así como o seu impulso cara fóra do concello.