castelan galego


O Tempo
Rutas
Valid XHTML 1.1

proxecto cosubvencionado por:

consellería de industria
Voluntariado galego
inicio
Servicios Sociais .:. Servicios basicos

Servicios basicos


 

Os servizos sociais de atención primaria configuran o nivel básico de intervención e actúan de maneira directa e integral sobre unha poboación e un territorio reducido, constituíndo a "porta de entrada" ó sistema de benestar social. Desde a atención primaria, realizamos unha acción social globalizadora e polivalente co obxecto de promover e posibilitar o desenvolvemento e o benestar social de todos os habitantes do noso concello.

O concello de Touro conta cos seguintes profesionais para desenvolver este traballo: 1 traballadora social, 1 educadora familiar, 1 auxiliar administrativa, 2 auxiliares de axuda no fogar e 1 asesora xurídica. Todas elas levan a cabo os seguintes proxectos:

 

1. Información, orientación, asesoramento e mobilización de prestacións:


A través deste proxecto, establecemos unha comunicación cos cidadáns co fin de que reciban unha información e un asesoramento adecuado sobre os seus dereitos e os recursos sociais dispoñibles. Tamén se ofrece un apoio técnico para solucionar as situacións que xurdan. Recibimos as demandas persoais, familiares e dos colectivos e valoramos cada situación individualmente, canalizando a cada beneficiario cara ó recurso máis axeitado.

 

2. Axuda no fogar e apoio á unidade de convivencia:

 

A axuda no fogar diríxese a toda a poboación, pero ten como prioridade aqueles cidadáns que presenten disfuncións que lles limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, que teñan dificultades para procurar o seu benestar físico, social e psicolóxico. A través desta axuda, ofrécense unha serie de atencións de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico o que permite aos beneficiarios seguir vivindo no seu contorno
Complementariamente ao servizo de axuda no fogar desenvólvese o programa de teleasistencia domiciliaria, que permite mellorar a seguridade e a calidade de vida dos usuarios.

 

3. Emerxencia social e de prevención da marxinación:

 

As actuacións preventivas aproveitan os recursos e axentes de cambio social máis próximos aos destinatarios. Este proxecto axuda a aquelas persoas que, estando nunha situación económica precaria, non chegan a acadar a súa adaptación social. Tenta de dotar da axuda necesaria a estas persoas en situación de risco para mellorar o seu desenvolvemento persoal, familiar e social evitando que padezan unha situación permanente de marxinación social


4. Educación familiar

 

Intervimos en familias cun alto risco social, facilitándolles o seu benestar e axudando a que todos os seus membros teñan cubertas as necesidades sociais e educativas básicas, o que lles permite o desenvolvemento das súas capacidades. Especial atención reciben os menores e os colectivos máis desfavorecidos ( maiores, minusválidos, muller, etc), fomentando a igualdade sen discriminación por razóns de idade, sexo, condición social, etc.

 

5. Voluntariado social

 

Este proxecto diríxese a fomentar a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado, facilitando a participación das persoas en tarefas colectivas. Os voluntarios do noso concello colaboran nestas actividades: reparto de alimentos, elaboración do Belén vivinte, obradoiros de verán e de Nadal para os nenos, punto de atención á infancia, etc.

 

 

 

 


escudo