|
|||
| SERVIZOS Sanidade e Saude | Reservas | Tramites e xestións | Eventos| Ligazons | |||
|
|||
RUTA DE SENDEIRISMO DE TOURO, FAO, CORNADO E NOVEFONTES
Dita ruta vai transcorrer a través das parroquias mencionadas anteriormente, conformando a base para a creación dunha das rutas turísticas máis destacadas do concello, como é, a Ruta dos Tres Ríos. A accesibilidade vai ser boa en case todo o traxecto, aínda que se poden atopar zonas menos accesibles debido á maleza.
Esta ruta desenvólvese a través das parroquias antes mencionadas, nun percorrido duns 15 kilómetros, onde podemos destacar varias etapas con paradas importantes:
Este é un recurso turístico constitúe a base do que despois se conformaría como a Ruta Turística dos Tres Ríos. Esta ruta, na actualidade ten un gran desenvolvemento turístico e presenta un grao de explotación elevado. A promoción desta ruta correu a cargo do concello na súa publicación anual “Revista Anuario 1997”, e máis tarde noutro tipo de publicacións e folletos informativos.
A atracción turística deste recurso pode ser moi elevada, pero debe ir de man da promoción e acondicionamento da ruta, así como o seu impulso cara fóra do concello. Desta maneira impulsouse esta Ruta Turística, como símbolo da gran beleza paisaxística que alberga o concello de Touro. Volver |
|||