castelan galego


O Tempo
Rutas
Valid XHTML 1.1

proxecto cosubvencionado por:

consellería de industria
Voluntariado galego
inicio
RUTA DE SENDEIRISMO DE TOURO, LOXO, RIBEIRA E FAO

RUTA DE SENDEIRISMO DE TOURO, LOXO, RIBEIRA E FAO


    • LOCALIZACIÓN E ACCESIBILIDADE:


Dita ruta é unha combinación de paraxes e paisaxes de ribeira cós de interior. Vai transcorrer a través das parroquias anteriormente mencionadas, saíndo de Touro e retornando á mesma parroquia.

A accesibilidade vai ser boa en case todo o traxecto, aínda que se poden atopar zonas menos accesibles debido á maleza.


    • DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS:


Esta ruta desenvólvese a través das parroquias antes mencionadas, nun percorrido duns 19 kilómetros, onde podemos destacar varias etapas con paradas importantes:


      • Coto de San Sebastián.

      • Capela de San Sebastián.

      • Pozo do Pego.

      • Carballeira do Pozo do Pego.


    • GRAO DE EXPLOTACIÓN E PROMOCIÓN


Este é un recurso turístico que presenta pouco grao de explotación, a pesares de que, cando se ofertaron tiveron bastante acollida pola poboación. Pero, actualmente, a creación de novas rutas máis complexas, fixo que esta quedara practicamente en desuso.

A promoción desta ruta correu a cargo do concello na súa publicación anual “Revista Anuario 1997”.

 

    • POSIBILIDADE DE EXPLOTACIÓN E ATRACCIÓN TURÍSTICA


A atracción turística deste recurso pode ser moi elevada, pero debe ir de man da promoción e acondicionamento da ruta, así como o seu impulso cara fóra do concello.


Volver













Turístico Touro Galego V.18 from Jose Taboas Viaño on Vimeo.

escudo