castelan galego


O Tempo
Rutas
Valid XHTML 1.1

proxecto cosubvencionado por:

consellería de industria
Voluntariado galego
inicio
RUTA DE SENDEIRISMO DE CIRCES

RUTA DE SENDEIRISMO DE CIRCES


    • LOCALIZACIÓN E ACCESIBILIDADE:


Dita ruta vai transcorrer a través da parroquia de Circes, a parroquia máis ó Leste do concello e tamén unha das máis meridionais, onde cobra moita importancia o río Ulla.

A accesibilidade vai ser boa en case todo o traxecto, aínda que se poden atopar zonas menos accesibles debido á maleza.


    • DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS:


Esta ruta desenvólvese a través da parroquia ante mencionada, nun percorrido duns 8 kilómetros, onde podemos destacar varias etapas con paradas importantes:


      • Muíño de Circes: está situado case no límite do concello.

      • Aldea de Chaos.

      • Igrexa de Circes.

      • Aldea de Quintás.

      • Canón do Ulla: de impresionante beleza onde se poden observar, non só as fantásticas formacións de bosques de ribeira, senón tamén paisaxes de gran encaixonamento do río, meandros, etc.



    • GRAO DE EXPLOTACIÓN E PROMOCIÓN


Este é un recurso turístico que presenta pouco grao de explotación, a pesares de que, cando se ofertou tivo bastante acollida pola poboación. Pero, actualmente, a creación de novas rutas máis complexas, fixo que esta quedara practicamente en desuso.

A promoción desta ruta correu a cargo do concello na súa publicación anual “Revista Anuario 1997”.

 


    • POSIBILIDADE DE EXPLOTACIÓN E ATRACCIÓN TURÍSTICA


A atracción turística deste recurso pode ser moi elevada, pero debe ir de man da promoción e acondicionamento da ruta, así como o seu impulso cara fóra do concello.



Volver





Turístico Touro Galego V.18 from Jose Taboas Viaño on Vimeo.

escudo