|
|||
| SERVIZOS Sanidade e Saude | Reservas | Tramites e xestións | Eventos| Ligazons | |||
|
|||
RUTA DE SENDEIRISMO DE CIRCES
Dita ruta vai transcorrer a través da parroquia de Circes, a parroquia máis ó Leste do concello e tamén unha das máis meridionais, onde cobra moita importancia o río Ulla. A accesibilidade vai ser boa en case todo o traxecto, aínda que se poden atopar zonas menos accesibles debido á maleza.
Esta ruta desenvólvese a través da parroquia ante mencionada, nun percorrido duns 8 kilómetros, onde podemos destacar varias etapas con paradas importantes:
Este é un recurso turístico que presenta pouco grao de explotación, a pesares de que, cando se ofertou tivo bastante acollida pola poboación. Pero, actualmente, a creación de novas rutas máis complexas, fixo que esta quedara practicamente en desuso. A promoción desta ruta correu a cargo do concello na súa publicación anual “Revista Anuario 1997”.
A atracción turística deste recurso pode ser moi elevada, pero debe ir de man da promoción e acondicionamento da ruta, así como o seu impulso cara fóra do concello. Volver |
|||