|
|||
| SERVIZOS Sanidade e Saude | Reservas | Tramites e xestións | Eventos| Ligazons | |||
|
|||
RUTA TURÍSTICA DA PONTE BASEBE-POZO DO PEGO
Dita ruta vai transcorrer a través das parroquias de Novefontes,Fao e Ribeira. A accesibilidade, na maior parte da ruta é boa, aínda que podemos atopar zonas con moito matorral que fan máis dificultosa a andaina.
Esta ruta desenvólvese a través das parroquias antes mencionadas, nun percorrido duns 15 kilómetros, onde podemos destacar varias etapas con paradas importantes:
Este é un recurso turístico que presenta un considerable grao de explotación, sobre todo, pola xente ou familiares de persoas residentes no concello que se achegan a realizala, así como polo nenos que estudian no colexio público do concello e que tódolos anos percorren o trazado desta ruta. A promoción desta ruta lévase a cabo a través de folletos promovidos polo concello e tamén pola revista anuario do mesmo. Tamén apareceu mencionada en prensa escrita e na paxina web da CRTVG que adica ó concello de Touro ( www.crtvg.es/concellos).
A atracción turística deste recurso é elevada, xa que, dá unha imaxe de explotación turística do concello dentro do marco desta actividade. Volver |
|||