|
|||
| SERVIZOS Sanidade e Saude | Reservas | Tramites e xestións | Eventos| Ligazons | |||
|
|||
RUTA ALTERNATIVA DO CAMIÑO DE SANTIAGO
Dita ruta vai transcorrer a través das parroquias de Beseño,Quión, Touro, Loxo e Bama, é dicir, polas parroquias máis setentrionais e máis cercanas ó traxecto oficial da Ruta. A accesibilidade, na maior parte da ruta é boa, xa que discorre maiormente pola carreteira ou por pistas asfaltadas.
Esta ruta desenvólvese a través das parroquias antes mencionadas, nun percorrido duns 30 kilómetros, onde podemos destacar varias etapas con paradas importantes, que van quedar fóra do percorrido da ruta, xa que esta segue a carreteira principal:
Este é un recurso turístico que presenta un considerable grao de explotación, xa que, moitos dos peregrinos que se achegan a Santiago, ben sexa por primeira vez ou repetindo experiencia, improvisan novos camiños e rutas para contemplar novas paisaxes e diferentes lugares ós dos trazados na ruta oficial. A promoción desta ruta é escasa, xa que, oficialmente non é considerada como tal, e soamente se considera como ruta alternativa.
A atracción turística deste recurso non é demasiado elevada, xa que, ten máis importancia o trazado oficial desta ruta, e só uns poucos peregrinos a realizan, aínda que sería unha bo recurso a explotar. Volver |
|||