castelan galego


O Tempo
Rutas
Valid XHTML 1.1

proxecto cosubvencionado por:

consellería de industria
Voluntariado galego
inicio
Campo de Fútbol Municipal

Campo de Fútbol Municipal


O campo de fútbol municipal sitúase na parroquia de Loxo, e a el accédese facilmente dende Touro a través da AC-240, que percorre o concello de Leste a Oeste, e que leva directamente á parroquia de Loxo. Unha vez alí, séguese ata a aldea de Goleta, e nesta aldea débese coller por un camiño a man esquerda que conduce ó recurso, que ademais é visible dende a carreteira.

O campo de fútbol foi inaugurado no ano 2001, e polo tanto é unha das instalacións máis modernas cás que conta o concello.

Presenta unha accesibilidade moi boa, xa que se acondicionaron tamén, os accesos, alcantarillado e a iluminación, para un desenvolvemento total da zona.

 

DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS:

 

As instalacións do campo de fútbol están completamente cerradas en todo o seu perímetro. As características cás que conta son, en canto a dimensións do campo de fútbol, as mesmas que as dun campo normal, é dicir, as oficiais.

Conta así mesmo, con vestiarios destinados á utilización dos equipos ou usuarios do campo, e tamén con casetas e banquillos para ámbolos dous equipos que disputen partidos no mesmo. Os vestiarios están equipados con duchas, bancos e servicios para que os xogadores e usuarios poidan realizar ás actividades cá maior comodidade posible. Tamén conta con céspede artificial e servicios anexos que permiten unha utilización intensiva do recurso. O campo tamén dispón dun graderío cuberto que pode ser ocupado por unhas 300 persoas aproximadamente, situado nunha das marxes do campo de fútbol.


Volver





Turístico Touro Galego V.18 from Jose Taboas Viaño on Vimeo.

escudo