Anuncio de licitación da obra "Pavimentación Rúa Travesía de Mourelos e outros", incluída no POS+ Adicional 1/2017

Escudo Touro                                                                                             DIputacion MarcaSloganColor Horiz ConvertImage 1

1)    Entidade adxudicadora:

- Entidade: Concello de Touro.

- Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

- Órgano de negociación: Mesa de contratación xeral.

- Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

- Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello.

2)    Obxecto do contrato.

- Execución da obra “Camiño Outeiro (Andeade á estrada Deputación)", financiada con cargo ao POS+ Adicional 1/2017.

- Tipo: contrato de obra.

3)    Tramitación e procedemento:

- Tramitación ordinaria.

- Procedemento negociado.

- Prego de cláusulas administrativas particulares: Rexerase polo prego aprobado pola Deputación Provincial da Coruña (BOP nº 3, do 7 de xaneiro de 2016).

4)    Orzamento da licitación:

        - Orzamento base.....: 57.091,52 euros.

- Importe IVE (21%)..:   11.989,22 euros.

- Orzamento total.....: 69.080,74 euros.

5)    Prazo de execución: 6 meses.

6)    Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7)    Presentación de ofertas:

- Prazo: ata as 14 horas do oitavo día natural, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Perfil do Contratante.

- Lugar de presentación: as proposicións poderán presentarse no Rexistro do Concello ou por medio do servizo de correos, debendo comunicar, neste caso, o seu envío polos medios expresados no epígrafe 8 do Cadro de características do contrato.

8)    A publicación do presente anuncio efectuarase no Perfil do contratante do Concello de Touro. Simultaneamente, publicaranse o Anexo I (Cadro de características do contrato) e Anexo V (Criterios de adxudicación e criterios de negociación).

Touro, 22 de febreiro de 2018.

O Alcalde,

Asdo.: Ignacio Codesido Barreiro