Licitación da obra "Pavimentación de viais en Bustelo (Fao) e outros", incluída no POS+ 2017

Escudo Touro                                                                                                                  DIputacion MarcaSloganColor Horiz ConvertImage 1

 

1)    Entidade adxudicadora:

 

- Entidade: Concello de Touro.

 

- Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

 

- Órgano de negociación: Mesa de contratación xeral.

 

- Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

 

- Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello.

 

2)    Obxecto do contrato.

 

- Execución da obra “Pavimentación viais en Bustelo (Fao) e outros", financiada con cargo ao Plan único de concellos (POS+ 2017).

 

- Tipo: contrato de obra.

 

3)    Tramitación e procedemento:

 

- Tramitación ordinaria.

 

- Procedemento negociado.

 

- Prego de cláusulas administrativas particulares: Rexerase polo prego aprobado pola Deputación Provincial da Coruña (BOP nº 3, do 7 de xaneiro de 2016).

 

4)    Orzamento da licitación:

 

        - Orzamento base.....: 24.845,89 euros.

 

- Importe IVE (21%)..:    5.217,64 euros.

 

- Orzamento total.....: 30.063,53 euros.

 

5)    Prazo de execución: 6 meses.

 

6)    Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

 

7)    Presentación de ofertas:

 

- Prazo: ata as 14 horas do oitavo día natural, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Perfil do Contratante.

 

- Lugar de presentación: as proposicións poderán presentarse no Rexistro do Concello ou  por medio do servizo de correos, debendo comunicar, neste caso, o seu envío polos medios expresados no epígrafe 8 do Cadro de características do contrato.

 

8)    A publicación do presente anuncio efectuarase no Perfil do contratante do Concello de Touro. Simultaneamente, publicaranse o Anexo I (Cadro de características do contrato) e Anexo V (Criterios de adxudicación e criterios de negociación).

 

Touro, 7 de setembro de 2017.

 

O Alcalde,

 

Asdo.: Ignacio Codesido Barreiro