Proposta de adxudicación para a contratación da subministración "Renovación do alumeado público en varios lugares: Fonte Díaz e outros"

A Xunta de Goberno Local, en data 19 de abril de 2017, aprobou a proposta de adxudicación da subministración "Renovación do alumeado público en varios lugares: Fonte Díaz e outros", incluída no Plan provincial de medioambiente (PAM) 2016, seguinte:

Primeiro.- Aprobar as valoracións resultantes, clasificando as ofertas presentadas por orde decrecente en función da puntuación total obtida, co seguinte resultado:

- Electricidad Cruceiro SL..............: 39,77 puntos

- Proxecta Obras e ServiciosSL.....: 28,46 "

- Electrificaciones MiñonesSL........: 23,81 "

- Eseled Consulting SL...................: 22,52 "

- José María Lorenzo Domínguez..: 21,28 "

- Herrero Grupo SCP......................: 17,64 "

- Microled La Mancha SL: excluída do procedemento de adxudicación, por presentar a segunda oferta incluíndo criterios de adxudicación que non son obxecto de negociación e non mellorar nin ratificar a oferta económica presentada inicialmente.

Segundo.- Á vista das puntuacións obtidas, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, acorda propoñer a adxudicación da subministración “Renovación do alumeado público en varios lugares: Fonte Díaz e outros” á empresa Electricidad Cruceiro SL, polo prezo de 54.260 euros, máis IVE, e prazo de execución de oito días, por resultar a proposición  máis vantaxosa economicamente.