SEMANA DE PORTAS ABERTAS DA ASOCIACIÓN CULTURAL A PINGUELA DE BAMA

A Asociación Cultural da Pinguela de Bama (Concello de Touro) inicia o próximo venres unha semana de portas abertas. Quen o desexe pode probar unha clase co profesorado de baile, pandeireta, combo de música e baile para peques, gaita, percusión, acordeón e pintura e debuxo. 

Máis información: https://apinguelabama.gal/