Bono Alugueiro para a Mocidade

O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar a resolución da Xunta pola que se establecen as bases reguladoras de novo Programa do bono alugueiro para a mocidade e procede a súa convocatoria para este ano. 

As axudas concederánse por un periodo de dous anos e por un importe de 205 euros mensuais, sempre que esta contía non supere o importe do aluguer mensual. 

As solicitudes poderán presentarse a partir de hoxe, venres 1 de xullo. 

Quen pode solicitalo? 

  • A mocidade de entre 18 e 35 anos. 
  • Que teña a súa residencia nunha vivienda ou habitación en réxime de alugar ou de cesión de uso. 
  • Que dispoña de ingresos regulares ou rendas do traballo igual ou inferior a tres veces o Indicador de Renda de Efectos Públicos (Iprem); é dicir, ata 24.318,84 euros. 

+ información, resolución e requisitos no seguinte enlace: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220630/AnuncioC3Q2-200622-0003_gl.html