Novo programa de actividades dos Servizos Sociais

Os Servizos Sociais do Concello de Touro iniciaron unha serie de actividades no colexio Fonte Díaz de Touro encamiñadas a traballar a perspectiva de xénero en todos os niveis educativos co obxectivo de facer especial fincapé na prevención de violencia de xénero.

Hoxe tiveron un contacontos co grupo de infantil.