TOURO NADAL

Achegámonos a unhas datas moi especiais para a veciñanza, nas que esta nova normalidade obríganos a reinventar as actividades tradicionais do NADAL porque en Touro, o mes de decembro non esquecerá as festas!

Comezamos esta singular programación coas vacacións da cativada, nun concerto de Nadal moi especial: Os Apalpadoriños, con Álvaro Cardalda, lago Prieto, Nelson Quinteiro e Yohel Santos, entre outros/as. Dende o lugar máis agochado do Courel chegarán o Xigantón do Apalpador e máis a Apalpadora Xigante, dous títeres de máis de 3 m de alto aos que acompañan Os Apalpadoriños, elfos rústicos e axudantes destes personaxes

Lembrade vir coas vosas cartas para o Apalpador e a Apalpadora!

A un día da gran cea de Noiteboa gozaremos cun espectáculo baseado no libro-cd A voar, un conto para soñar con música para brincar de Cê Orquestra Pantasma, no que ao son do seu enerxético ritmo, Cê Orquestra Pantasma pretender axudar as nenas e nenos a reivindicaren a confianza necesaria para satisfaceren as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre; así pois, rapazada... a voar!!

As cativas e os cativos que non mandaran as súas cartas poderán facelo nesta xornada nun correo especial para Papá Noel!

Non hai dúbida, o protagonismo destas festas vai para a cativada. Nunhas datas tan sinaladas, marcadas pola nova normalidade, as nenas e os nenos do concello de Touro seguirán a gozar das tradicións do Nadal.

E para que todas e todos poidamos seguir gozando desta maxia, a poucos días de rematar o ano toda a veciñanza poderá deixar as cartas para as súas maxestades de oriente no buzón disposto no concello ou no seu propio correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Coa estrea do novo ano e agardando pola visita dos Reis Magos de Oriente, a cativada de Touro coñecerá das súas maxestades as dúbidas coas cartas recibidas, porque este ano tan especial, Melchor, Gaspar e Baltasar queren atinar ben con cada un dos desexos da veciñanza. Estade moi atentas e atentos ao correo!

 

 

 

Attachments:
Download this file (BUZÓN REAL.jpg)BUZÓN REAL.jpg[ ]3826 kB
Download this file (CASA DA CULTURA.jpg)CASA DA CULTURA.jpg[ ]4436 kB
Download this file (RECORDO DE NADAL.jpg)RECORDO DE NADAL.jpg[ ]4301 kB