TOURO A ESCENA: ALQUIMIA

O alquimista tolo

Onde?             Casa da Cultura, Fonte Díaz

Cando?            Venres 16 de outubro ás 17 horas

Público?          A partir de 7 anos

Tempo?           50 minutos

Para asistir a estas actividades é obrigatorio inscribirse no 981 81 4566 ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Durante miles de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos en matemáticas, física, química,  astrología e mesmo ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios itinerantes por todo o mundo cun obxectivo específico. Ese obxectivo era  atopar a Pedra Filosofal.

O soño dos alquimistas era dominar a natureza, o lume e finalmente o tempo. Os alquimistas crían que a pedra filosofal podía outorgarlles a cura de todas as enfermidades para gozar da vida eterna como a riqueza, transformando os metais en ouro. Cando conseguían  estes logros, coñecíase  como “A GRAN OBRA”.

Nesta nova aventura, o mago  Teto, despois de varios anos estudando, experimentando e tentando descifrar o estraño simbolismo dos libros sobre alquimia, ponse na pel dos alquimistas perseguindo os seus soños e buscando a pedra filosofal; Non para obter riqueza e vida eterna, senón a alquimia dirixida ao corazón, a felicidade!

A felicidade do público e do propio mago e así obter a súa “Gran Obra”. Auga, terra, lume e aire farán posible esta nova aventura do mago  Teto.