Uso obrigatorio da máscara

Desde o Concello de Touro, queremos lembrarlle á nosa veciñanza que, desde o día 19/07/2020, é obrigatorio o uso da máscara para as persoas de seis ou máis anos:

1. Obrígase ao uso da máscara en todo momento, tanto cando se estea na vía pública e en espazos ao aire libre como cando se estea en espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

2. A máscara tamén será obrigatoria nos medios de transporte aéreo, marítimo, en autobús ou por ferrocarril, así como nos transportes públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor.

 

A obriga de uso de máscara non será exixible nos seguintes supostos:

1. Cando se trate de persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.

2. Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio.

3. Nas praias e piscinas, durante o baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sen desprazarse, e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non convivintes. En calquera caso, será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas.

4. Nos establecementos de hostalaría e restauración, por parte dos clientes do establecemento, exclusivamente no momento específico do consumo.

5. No interior dos cuartos de establecementos de aloxamento turístico e outros5. No interior dos cuartos de establecementos de aloxamento turístico e outrosespazos similares, cando unicamente se atopen neles persoas que se aloxen nocuarto.

6. Nos buques e embarcacións de transporte de competencia autonómica, no6. Nos buques e embarcacións de transporte de competencia autonómica, nointerior dos camarotes, cando unicamente se atopen neles persoas que sealoxen no camarote.

7. No caso de exercicio de deporte individual ao aire libre, exclusivamente7. No caso de exercicio de deporte individual ao aire libre, exclusivamentedurante a realización da práctica deportiva e sempre que, tendo en conta aposible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse omantemento da distancia de dous metros con outras persoas non convivintes.

8. No caso de actividade física e deportiva en instalacións e centros deportivos,8. No caso de actividade física e deportiva en instalacións e centros deportivos,sempre que se poida garantir o mantemento da distancia de seguridadeinterpersoal en todo momento, exclusivamente durante a realización das ditasactividades e tendo en conta o protocolo publicado para a dita instalación.

9. En supostos de forza maior ou situación de necesidade ou cando, pola propia9. En supostos de forza maior ou situación de necesidade ou cando, pola propianatureza das actividades, o uso da máscara resulte incompatible, conforme asindicacións das autoridades sanitarias.

 

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica daRESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica daConsellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello daXunta de Galicia, do 17 de xullo de 2020, polo que se introducen determinadasmodificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do Consello daXunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevenciónnecesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unhavez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.(DOG nº 143 do 18 de xullo)

 

Attachments:
Download this file (USO-OBRIGATORIO-DA-MaSCARA.pdf)Descargar bando[ ]43 kB