Amantes dos cogumelos e fungos participaron hoxe nas XV Xornadas Micolóxicas de Touro

Fonte Díaz. 09/11/2019. Amantes dos cogumelos e dos fungos de Touro e chegados tamén de outros puntos da comarca de Santiago participaron hoxe nas XV Xornadas Micolóxicas de Touro. A actividade de hoxe comenzou arredor das 10.00 horas no Centro de Interpretación do Río Ulla de Touro e na Casa da Cultura. Alí concentráronse os interesados en participar na xornada, máis de unha trintena de persoas, e foi o micólogo Jaime Blanco o encargado de impartir una charla sobre o mundo dos cogumelos. Esa explicación foi eminentemente práctica e serviulle aos amantes dos fungos para sair ao campo na procura de setas. A eso das 11.30 horas desplazáronse ata a parroquia de Fao. Nos bosques de Fao os asistentes comenzaron as tarefas de búsqueda de cogumelos. Durante a mañán no caeu auga e todos poideron aproveitar ao máximo a xornada micolóxica. Os participantes toparon moitas variedades de cogumelos e fungos e o micólogo foi o que sobre o terreo aconselleaba e explicaba as características de cada un dos achádegos. Despóis da comida os participantes acudiron de novo ao Centro de Interpretación do Río Ulla para clasificar as capturas.