Semana de Exaltación dos Produtos do Outono

Do 5 ao 9 de novembro Fonte Díaz renderá unha homenaxe especial aos produtos típicos destas datas. Comezamos coa III edición do Concurso Plástico Dona Castaña e será na Feira da Castaña do vindeiro 5 de novembro onde gozaremos dos traballos dos nosos pequenos artistas.

Unha nova edición da tradicional feira (e xa van once) na que degustar da man experta dos seus hostaleiros, o produto estrela compartindo protagonismo co xabaril. Sen esquecer as delicias da repostaría caseira.

As Xornadas Micolóxicas pecharán esta especial semana de cores, aromas e sabores outonais con charlas e roteiros guiados por expertos.