O Concello de Touro destina 65.000 euros a un Plan Municipal de Renovación do Alumeado Público

Fonte Díaz. 16/01/2019. O Concello de Touro afrontou durante os últimos meses un Plan Municipal de Renovación do Alumeado Público no que investiu 65.000 euros. O proxecto, que se desenvolveu en diversas parroquias e tamén na capital Fonte Díaz, foi financiado por fondos do propio Concello. As obras xa están executadas e consistiron en cambio e sustitución de luminarias, actualización de sistemas e renovación de farolas e puntos de alumeado. As diferentes partidas executadas foron en Coto de Millán e outros, no que se destinaron 11.984 euros; rúa Pucho Boedo en Fonte Díaz e outros, que precisou dun investimento de 17.666 euros; na zona do Barranco e outros, que levou un total de 18.143 euros; e a renovación do alumeado en Cocheira e outros, que requeriu 18.059 euros. Unha bua parte das actuacións neste plan, según destaca o Concello, consistiron na implatación da tecnoloxía LED na rede de alumeado público. O investimento de 65.000 euros supón un aforro enerxético e tamén económico. O Goberno local, que lidera Ignacio Codesido, mellora o servizo aos veciños e veciñas aportando unha mejor iluminación, de máis calidade e de menor impacto ambiental, ao reducir tamén a contaminación lumínica.