Día do Neno e da Nena, en Touro. Unha xornada de xogos e diversión.

Nenos, nenas e maiores desfrutaron onte á tarde dunha xornada de xogos e diversión. Foi no Día do Neno e da Nena organizado polo Concello de Touro. Os pequenos e maiores poideron subir ao tren turístico desde ás 12.00 horas da mañá. Xa a partir das 16.30 horas xogaron e saltaron nos inchables instalados na Prazo de Luar e na piscina municipal. A xornada pechouna o espectáculo Circando, que tivo que trasladarse ao pavillón municipal a causa da amenaza de chuvia. Ás 20.30 horas, coa presentación de Helga, comezou un espectáculo de circo protagonizado por Mago Dani García, Paco Nogueiras, Isla Letriska e Sue Moreno. Foi unha tarde para non esquecer. 

IMG 20220626 WA0019 1