#CONVOSESTAMOSSEGUROS

- A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) ven de convocar un concurso de debuxos para os escolares galegos.

- A finalidade é que poidan amosar o agradecemento aos corpos e forzas de seguridade, e que mediante o debuxo os nenos e nenas poidan transmitirlle ánimos tanto á Policía Nacional, Policía Local, Policía Autonómica e Garda Civil.

- A temática do concurso e completamente libre. O único requisito é que poñan o cancelo #ConVosEstamosSeguros

- Haberá categorías segundo o nivel educativo.

- Os premios é que o neno ou nena gañador poida facer xunto a toda súa clase unha visita guiada á Academia.

- Poderá presentarse unha obra por concursante en tamaño A4 e poderá ser realizada en calquera modalidade, con lápiz, tinta china, estilográfica, rotuladores, pinturas, ceras..

- O prazo de presentación dos debuxos remata o venres 17 de abril.

- Os debuxos poderán ser remitidos á Academia mediante unha foto do mesmo que se pode mandar por correo electrónico ao seguinte enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando o nome completo, o nivel educativo ao que pertence, así como o colexio ao que asiste.