Touro destaca que O Camiño do Holandés, a ruta en bicicleta alternativa cara Compostela que atravesa o Concello, comenza coa primavera a encherse de peregrinos

Fonte Díaz. 26/04/2018. Coa chegada da primaveira comenza o goteo incesante de peregrinos en bicicleta, na súa maioría  do Norte e do Centro de Europa, que elixen O Camiño do Holandés que pasa polo concello de Touro e  que que xa comenza a ter unha longa tradición. Ademáis dos peregrinos ciclistas que todos os días pasan polo Concello de Touro en pequenos grupos, esta semana (onte 25 de abril) arredor de sesenta persoas procedentes de Holanda, na súa maioría xóvenes,  fixeron unha das últimas paradas en Touro. Aquí recobraron forzas cara a súa viaxe en bicicleta a Compostela. Os xóvenes estaban acompañados dos seus profesores/as, titores e familiares e destacaron a beleza da ruta que vai a Santiago e que pasa polo Concello de Touro. Co inicio da primavera o Concello de Touro destaca a afluencia de bici-peregrinos que pasan pola ruta que atravesa o municipio. Na sede do Concello de Touro poden cuñar a súa credencial para obter a Compostela ao chegar a Santiago.

O Camiño do Holandés comenza no Concello de Arzúa, concretamente no desvío da N-547 en Rourís (Burres), dirección Touro, e atópase a 2 quilómetros do tramo oficial do Camiño de Santiago. Os peregrinos, que circulan en bicicleta, aproveitan principalmente dous aspectos fundamentais á hora de practicar cicloturismo; o escaso tráfico que circula pola AC-240 e a beleza paisaxística que ofrece o entorno.

No quilómetro 3 desta ruta déixase o Concello de Arzúa para entrar no Concello de Touro pola parroquia de Beseño, onde se oferta un establecemento de Turismo Rural chamado A Pena de Augasantas. Ademáis, a menos de 500 metros ofrécese aloxamento en Casa Miguez, que tamén é un establecemento de Turismo Rural, pero desta vez situado na parroquia de Quión. No quilómetro 7 da estrada AC-240 aparece un desvío dirección Portodemouros, polo que se accede ao Pazo de Andeade, do século XVIII e restaurado en 1995 como establecemento con oferta de aloxamento e de restauración.

 Aproximadamente no quilómetro 12 desta ruta éntrase na capital do Concello de Touro, Fonte Díaz, onde os peregrinos poden selar a súa Compostelana no Punto de Información Turística situado na Casa do Concello, e así mesmo recibir información turística que precisen (tamén hai un Punto de Información Turística multimedia funcionando as 24 horas e paneis informativos). Ademais en Fonte Díaz ofrécense servicios que poden demandar os peregrinos como supermercados, centro de saúde, restaurantes, farmacias, transporte público…

Xa no núcleo urbano de  Fonte Díaz os peregrinos escollen a opción da estrada AC-240  dirección Loxo. Séguese a estrada AC-240 e despois de entrar na parroquia de Prevediños e pasar por Mince continúase ata chegar a un cruce sinalizado que indica Sanguñedo-Corneda. Nese punto pódese seguir pola comarcal 240 ata o Empalme de Vilar e desviarse despois pola estrada dirección ao Forte. Por último, xa dentro do Concello de Santiago, a ruta entra por Aríns para seguir  polo barrio do Sar e comeza o seguinte itinerario polas rúas da cidade dirección á Catedral; Rúa do Olvido, Rúa da Fonte de Santo Antonio, Praza de Galicia, Rúa das Orfas, Praza do Toural, Rúa do Vilar e finalmente Praza do Obradoiro.

Attachments:
Download this file (CAMInODOHOLANDeSFOLLETO.pdf)Folleto Camiño do Holandés[ ]7326 kB