Letras Galegas 2020

Imos renderlle tributo a Ricardo Carvalho Calero.

No 1952 Carvalho Calero publica na revista Lar o relato As pitas baixo a choiva no que narra un feito anecdótico da súa infancia. Descobre o neno desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar ó galiñeiro; elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos.

Por esta razón, propoñemos que debuxes e pintes a túa Pita, e, nola envies ao mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Tes de prazo ata o luns 18 de maio e despois compartiremos no facebook os traballos.

Terás un agasallo por participar.