O Concello de Touro, o 25N coa igualdade

O Concello de Touro, hoxe 25 de novembro de 2021, Día para a Eliminación da Violencia de Xénero, manifesta o rexeitamento a calquera tipo de violencia contra as mulleres. O departamento de Servizos Sociais do Concello de Touro organiza, como xa é tradicional, diferentes actividades para concienciar á poboación, entre elas un obradoiro cos maiores do Concello, que pintaron camisetas co lema #Touro coa igualdade e co nome de cada un. O Concello de Touro, desde sempre, está concienciado na loita contra a violencia de xénero. Pola súa banda, a concelleira de Educación, Cultura e Deportes leu un manifesto no que o Concello, un ano máis, posiciónase nesta loita. “Desde o Concello de Touro tratamos de sumar, de implicar a toda a sociedade, a toda a veciñanza, nunha loita que debe comprometer a todos e todas”, destacou a concelleira, que explicou que a concienciación tamén lle chega ás xeracións máis novas. O Concello de Touro, por exemplo, imparte obradoiros para sensibilizar aos máis xóvenes sobre a violencia de xénero dixital, que medra coa irrupción dos novos dispositivos tecnolóxicos, cobrando cada vez máis incidencia en todos os eidos da vida cotiá. Touro, un ano máis, di NON A VIOLENCIA DE XÉNERO o #25N