Evaristo Santamaría e Ignacio Pin, gañadores do XVI Concurso de Fotografía Touro en Imaxes

O XVI Concurso de Fotografía Touro en Imaxes xa ten gañadores. Na categoría de Adultos Natureza o gañador foi Evaristo Santamaría Insua, coa obra Área recreativa de Santaia. Pola súa banda, o vencedor na categoría Adultos Patrimonio foi Ignacio Pin Pereiras, coa obra Cruceiro de Novefontes. A categoría xuvenil quedou deserta por non terse presentado ningunha fotografía.

O xurado presidido polo concelleiro Jesús Martínez Pereira e integrado pola concelleira Adela Iglesias e por Adolfo Enriquez, José Manuel García e Luis Vázquez, foi o encargado de elexir as mellores obras. Os gañadores recibirán 300 euros en concepto de premio, que será entregado nas próximas semanas coincidindo con algún dos actos programados polo Concello de Touro. O Concello de Touro felicita aos gañadores e anima aos afeccionados á fotografía a presentarse á próxima edición do Concurso de Fotografía Touro en Imaxes, que cumplirá a súa XVII edición.