Nova convocatoria de axudas

A Deputación da Coruña vén de abrir o prazo para que as persoas autónomas e pequenas e medianas empresas poidan solicitar as axudas do Plan de Emprego Local (PEL) 2021.

 

PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO

Ata 17.500 euros en axudas ao investimento en:

. Maquinaria

. Mobiliario

. Equipos para proceso de información

. Aplicacións informáticas

Destinadas a empresas da provincia con menos de 5 anos de actividade.

Investimentos realizados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.

 

PEL-EMPRENDE AUTÓNOMOS/AS

Sufraga un ano de cotas á Seguridade Social.

Axudas de 2.400 euros.

Destinada a autónomos/as da provincia con menos de 5 anos de actividade.

 

PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN DO CADRO DE PERSOAL

15.400 euros en axudas para a realización dunha nova contratación.

Subvención do 70% do custe de soldos e seguridade social durante un ano.

Destinadas a empresas con domicilio fiscal en municipios de menos de 20.000 habitantes.

 

PEL-PEMES MANTEMENTO DO CADRO DE PERSOAL

11.000 euros de axuda para manter a contratación indefinida realizada en 2020.

Subvención do 50% do custe de soldos e seguridade social durante o 2º ano de contratación.

Destinadas a empresas beneficiarias de PEL-PEMES Creación e Ampliación 2020.

 

 

Prazo aberto desde o 11 de marzo ata ás 14:00 horas do 15 de abril de 2021

 

Consulta aquí as bases:

Attachments:
Download this file (PEL 2021.pdf)PEL 2021.pdf[ ]306 kB