Onde? Casa da Cultura, Fonte Díaz
Cando? Mércores 10 de marzo ás 17 horas
Público? Familiar
Tempo? 50 minutos
Inscricións no 981 81 45 66 ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O pozo das señoras é un feixe de historias de recollida, tradicionais e de autor xunto con coplas tradicionais, romances e composicións propias. Historias protagonizadas por mulleres que non te podes perder!
A celebración do espectáculo adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19.
O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.
Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (17h) para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.