Touro, Boqueixón, O Pino, e Vedra, xuntos nun novo obradoiro de emprego que comenzará en decembro

Os Concello de Touro, Boqueixón, O Pino e Vedra, impulsarán un novo obradoiro de emprego, que contará cun orzamento de 350.000 euros e está financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Inudstria. Esta acción de promoción laboral permitirá contratar a vinte persoas, cinco por concello, durante nove meses en traballos vinculados ao sector forestal.

As especializades nas que se formarán as persoas participantes son: Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.