Primeira voluntaria (IVTM e Taxas)

Á Resolución de Presidencia 2020/ 10.346, de 23 de marzo, pola que se aproban medidas extraordinarias nos procedementos tramitados pola Área Tributaria, con ocasión do estado de alarma decretado con motivo do COVID-19 prevía que o inicio da primeira voluntaria (IVTM e Taxas) tería lugar despois do 30 de abril de 2020 e que as datas concretas fixaríanse no seu momento.

Informámoslle que nos vindeiros días aprobaranse as datas desta primeira voluntaria do 2020. Adelantámoslle que está previsto que a mesma comece o 4 de maio e remate o 1 de setembro, ampliándose en case dous meses o período voluntario de pagamento, a fin de facilitar ao contribuínte o cumprimento das súas obrigas tributarias nestes comentos complicados.

O cargo en conta dos recibos domiciliados terá lugar o 1 de xullo.

Os recibos poñeranse en circulación unha vez levantado o confinamento (data previsible o 9 de maio).

A atención realizarase principalmente a través de correo electrónico, na dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao teléfono gratuíto 900 132 204.

Tamén poderanse facer xestión e consultas a través da Oficina Virtual Tributaria (https://www.dacoruna.gal/servizos-tributarios/oficina-virtual) ou na Sede electrónica da Deputación (https://sede.dacoruna.gal). A atención presencial só poderá facerse mediante cita previa, que poderá obterse por vía telefónica, por correo electrónico ou na páxina web da Deputación.