O Punto de Atención á Infancia acaba de crear un blog de actividades para nenos/as

O Punto de Atención á Infancia acaba de crear un blog para propoñer actividades para nenos/as de 0 a 3 anos.

A idea é que os nenos e nenas dende as súas casas teñan unha proposta de actividades lúdico-educativas axeitadas á súa idade.

Estas actividades iranse actualizando, de xeito que o blog sexa un instrumento de interacción e comunicación entre as familias e o centro.

Sigue o blog https://paiconcellodetouro.blogspot.com/ e goza das propostas tan chulas que nos traen as profes do PAI.