Empresas e particulares de Touro doan Equipos de Protección Individual ao Concello, Residencia de Maiores Os Tercios e Servizo de Atención a Domicilio

Empresas de Touro, como TEN, Construcciones Francisco Gómez e Xesulín; e tamén particulares por iniciativa propia están entregando nos últimos días Equipos de Protección Individual (EPI) e material para combater o COVID19, como traxes de protección, máscaras de protección facial, mascarillas, luvas, lentes protectoras e calzas.

As entregas fanse ao Concello de Touro, que emprega o material para a protección dos traballadores que fan as tarefas de limpeza de diferentes espazos públicos e recollida de lixo; para a Residencia de Maiores Os Tercios, que utiliza as doazóns de material para os seu persoal e para os residentes; e para as traballadoras do Servizo de Axuda a Domicilio (SAD), que reciben o material a través do propio Concello. Varios particulares, veciños e veciñas do Concello, doaron mascarillas confeccionadas nas súas propias casas e por iniciativa propia. Pola súa banda, empresas como Tratamientos Ecológicos del Noroeste (TEN), Construcciones Francisco Gómez e Xesulín, as tres ubicadas no Concello de Touro, fixeron varias entregas de material como monos, traxes e máscaras de protección, lentes, calzas, gorros e diversos productos para hixienizar e desinfectar.

O Concello de Touro, asimesmo, recibiu varias entregas de material de protección da Xunta de Galicia (mascarillas, gafas, luvas e monos) e productos para a desinfección e limpeza (xel hidroalcóholico e lexía), que tamén utiliza para o persoal municipal e para as traballadoras do Servizo de Axuda a Domicilio. Ademáis, a administración local, que lidera o alcalde Ignacio Codesido, comprou nas últimas semanas material para a protección na loita contra o COVID19 como traxes e máscaras completas de protección, luvas e mascarillas, que son utilizados polos traballadores do Concello nas tareas de limpieza e desinfección e polas traballadoras do SAD, así como hidroxeles e elementos para a desinfección como hipoclorito de sodio e outros productos.