Os Reis Magos reparten agasallos aos nenos e nenas de Touro e visitan o Belén Vivinte

TOURO. 5 de xaneiro de 2020. Os máis pequenos de Touro recibiron un ano máis as Súas Maxestades os Reis de Oriente, que esta tarde chegaron na súa carroza ao Concello de Touro. Os tres Reis Magos repartiron agasallos e ilusión entre todos os máis pequenos e tamén os maiores. Durante a mañán percorreron na súa carroza as parroquias de Touro. Todos os nenos e nenas recibiron ás Súas Maxestades. Xa a primeira hora da tarde Melchor, Gastar e Baltasar chegaron ao Pavillón Municipal de Deportes, onde estaba instalado o Belén Vivinte. Os máis novos e os maiores disfrutaron dunha tarde máxica. As bancadas do Pavillón Municipal de Deportes de Touro estaban cheas para recibir as Súas Maxestades. A Banda de Música Isabel II de Touro tamén participou no festival de Reis coa súa música e tamén grupos musicais do Concello de Touro como as Nenas do Sapo Dourado de Loxo.

O Belén Vivinte, como xa é tradicional, contou coa participación activa dos nenos e nenas de Touro. Contou, como todos os anos, con todos os detalles: Portal de Belén co Neno Xesús, María e San Xosé; o río e a súa ponte, o castelo de Heródes, o deserto, os pastores, as ovellas, os postos do mercado, os panadeiros, a pousada… A primeira hora da tarde comenzou a animación en Touro. Os Reis Magos iniciaron a súa andaina polas rúas de Fonte Díaz arredor das 16.30 horas. O sol luciu durante toda a xornada, ainda que os Magos trouxeron temperaturas baixas e frío. Mentras tanto, diversas animacións, incluidos os villancicos dos máis pequenos, entretiveron aos nenos e nenas que esperaban no Pavillón Municipal de Deportes. As Súas Maxestades chegaron recibidos por foguetes a eso das cinco da tarde ao Belén Viviente, onde visitaron ao Neno Xesús, á Virxe María e máis a San Xosé, tamén estaban os anxiños e os pastores. Fixéronlles os Reis Magos unha ofrenda e logo situáronse nos seus tronos para escoitar a homenaxe da Banda de Música Isabel II de Touro, que interpretou varios temas. Tamén tocaron os demáis grupos musicais de Touro.

Os nenos e nenas de Touro foron pasando un a un a saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar. Éstos fixéronlles entrega dun agasallo e tamén aproveitaron a ocasión para recoller as cartas de última hora que ainda non lles mandaran. Despois houbo chocolate para todos, para grandes e pequenos. A última hora da tarde os Reis Magos retiráronse, xa que esta noite teñen a dura tarefa de repartir agasallos a nenos e tamén a os maiores do Concello de Touro.