Os Concellos do Ulla mostran en Touro a súa enérxica repulsa polo triplo asasinato de Valga

OS 20 CONCELLOS FORON CONVOCADOS EN TOURO PARA AVANZAR NA REDACCIÓN DOS ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN QUE PROMOVERÁ O TURISMO NOS MUNICIPIOS BAÑADOS POLO RÍO ULLA

Fonte Díaz (Touro). 17/09/2019. Os 20 concellos bañados polo río Ulla mostraron hoxe a súa enérxica repulsa polo asesinato machista de tres mulleres este mesmo luns no Concello de Valga, en Pontevedra. Os representantes municipais, entre os que había alcaldes, concelleiros e técnicos, mantiveron un minuto de silencio antes de iniciar a reunión convocada na sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz, para abordar a confección e redacción dos estatutos da que será a Asociación de Concellos do Ulla e que servirá para promover e impulsar o desenvolvemento turístico dos concellos da ribeira do río Ulla, unha conca fluvial que discorre polas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

Á reunión, presidida polo alcalde de Touro, Ignacio Codesido, acudiron representantes institucionais dos concellos de Agolada, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Santiso, Arzúa, Touro, Boqueixón, Vedra, Teo, Padrón, Dodro, Vilagarcía de Arousa, Catoira, Pontecesures, A Estrada, Sille e Vila de Cruces. Disculparon a súa presencia os concellos de Valga e Rianxo.

Antes de comenzar a reunión, os presentes gardaron un minuto de silencio de condena do asesinato machista e na memoria das tres vítimas do terrible suceso rexistrado no Concello de Valga. Os asistentes á reunión de Fonte Díaz mostraron tamén o seu apoio e solidaridade cos familiares e veciños das tres víctimas. Valga forma parte activa dos concellos que promoven conxuntamente as iniciativas turísticas e de promoción arredor do río Ulla. Os 20 concellos representados hoxe en Touro mostraron a súa disposición para poñer todos os medios na loita contra a lacra da violencia machista.

Os concellos do Ulla abordaron na reunión de hoxe de Touro a redacción duns estatutos que den cobertura á Asociación de Concellos do Ulla, unha entidade que terá como finalidade promover o desenvolvemento turístico dos concellos da ribeira do río Ulla. Nunha próxima reunión, que previsiblemente se celebrará en Vilagarcía, seguirán perfilando os estatutos para que poidan estar listos nos próximos meses.