Rally Terra da Auga, Comarca da Arzúa

O Concello de Touro acolle este venres e sábado (24 e 25 de maio) o Rally Terra da Auga. Trátase da cuarta cita do Campionato de España de Rallyes de Terra. O Concello de Touro, xunto cos de Boimorto, Boqueixón e O Pino, serán sede dunha nova edición do Rally Terra da Auga.

Participarán 84 equipos. No Concello de Touro, na zona do aparcadoiro de Dona Dana, instalarase durante toda a proba o Parque de Asistencia, por onde pasarán todos os vehículos que participarán na proba. O Rally Terra da Auga comezará mañá venres coa celebración do shakedown ás 14.30 horas, e a primeira super especial de algo máis de cinco quilómetros que ademais será utilizada como tramo de cualificación.

Xa o sábado disputaranse un total de nove tramos máis, con catro seccións de dous tramos cada unha desde ás 9.15 horas, e rematando a proba cun tramo espectáculo de un quilómetro a partir das 19.03 horas que será retransmitido en directo pola TVG. Esta noite coñeceranse os tramos que se disputarán nas pistas do Concello de Touro.

Para máis información:
http://rallydaauga.com/categoria/rally-2019/