Aberto o prazo de solicitude do programa de benestar en balnearios e benestar a través da talasoterapia da Xunta de Galicia 2019

Prazo de presentación: antes do 2 de maio de 2019.

 

Requisitos:

- Ser maior de 60 anos, ou de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social.

- Estar empadroado e residir nalgún concello de Galicia.

- Valerse por si mesmo.

- Non padecer alteración do comportamento nin enfermidades con risco de contaxio.

- Carecer de contraindicación médica para a recepción de tratamentos termais.

- Acadar, segundo o baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

 

Máis información no departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981504029.